-
A titular da área da Xunta explicou que o Goberno galego impulsa o programa empresa-concepto para a análise e asesoramento de cara á materialización de proxectos nacidos no ámbito universitario.
-
Durante a elección do novo presidente do Consello Galego de Cámaras, o conselleiro de Economía e Industria dixo que estas organizacións empresariais “son aliadas necesarias para a recuperación económica de Galicia”.
-
Representantes de 10 asociacións profesionais de redeiras e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao debaten os seus problemas nunha xornada de traballo.
-
Feijóo reitera o seu compromiso por manter os 2.000 postos de traballo de Alcoa, que sitúa como “unha industria clave para Galicia e para España” e “unha das mellores factorías de alúmina-aluminio do mundo” que xera o 30% do PIB de Lugo.
-
O conselleiro Javier Guerra avanza en Lalín que un grupo galego vinculado ao sector téxtil podería estar interesado en facerse cargo de Géneros de Punto Montoto. O obxectivo último é garantir a continuidade de Montoto e defender os seus máis de 100 postos de traballo.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia presentou a modificación da Lei do Turismo como "unha reforma que proporcionará maior flexibilidade e axilidade ás realidades das empresas" e co obxectivo de fomentar o emprego neste sector considerado estratéxico.
-
A cita, que se celebra en Santiago de Compostela o 16 de xuño, converterase nunha comunidade empresarial onde atopar apoio para as novas iniciativas emprendedoras ou para impulsar a consolidación ou a internacionalización de novas empresas galegas.
-
O conselleiro de Economía e Industria renova o seu compromiso co sector da automoción de Galicia nunha visita ao Salón do Automóbil de Vigo na que lembra os 120 millóns de euros destinados ao Plan Integral Re-Móvete.
-
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica achegará 2.550.000€ para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información e convoca axudas ao sector TIC por 8 millóns.
-
Esta iniciativa da Xunta de Galicia subvencionará aos desempregados que se constituíron como traballadores autónomos a partires do 16 de setembro de 2009. O prazo para solicitar estas axudas rematará o 30 de xuño.